Bruxas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bruxas (Brugge en flamenco, Bruges en francés) provén do noruegués antigo "Bryggia" (ponte ou peirao). É a capital da rexión belga de Flandres Ocidental. Atópase no norleste de Bélxica a 90 kilómetros da capital Bruxelas, conta no seu nucleo urbano cunha poboación de 117.000 habitantes.
O maior atractivo da cidade e o seu centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Aínda que parte está reconstruído , o dito centro urbano é un dos máis grandes atractivos turísticos centroeuropeos, xa que mantén intactas as estruturas arquitectónicas medievais. Ó igual que Amsterdam e Estocolmo, entre outras, Bruxas é coñecida como a Venecia do norte debido á grande cantidade de canles que atravesan a cidade, e á beleza dos mesmos.
Bruxas foi Capital europea da cultura no 2002, xunto á cidade de Salamanca.