C. J. Cherryh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
C. J. Cherryh (nacida 1 de setembro de 1942) é o nome literario da escritora de ficción científica e fantasía dos Estados Unidos, Carolyn Janice Cherry, que escribiu máis de 60 libros desde 1976 entre eles as novelas galardonas co Premi Hugo, Cyteen e Downbelow Station.
Estudou na Universidade de Oklahoma onde, non contenta coa súa formación en antropoloxía, historia clásica, arqueoloxía e lingüística, dedicouse pola súa conta a aprender ciencias como a física, a xenética e outras. Exerceu como profesora de latín na citada universidade ata que a partir de 1976 se adica en exclusiva a escribir.