Calcuta - কলকাতা
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Calcuta, de nome oficial Kolkata (কলকাতা), (ata o 1 de xaneiro, de 2001, oficialmente Calcutta), é a capital do estado indio de Bengala Occidental. O seu nome orixinal era Kolikata (en bengalí: কলিকাতা) que aínda se utiliza na literatura culta. É coñecida como "a cidade da ledicia" e "a cidade dos palazos". Tamén coñécese como "Michhil Nagari" (মিছিল নগরী),
No seu día foi a cidade máis poboada da India, aínda que na actualidade é superada por Mumbai. Se se inclúe a súa poboación metropolitana, é unha das dez cidades máis poboadas do mundo, con uns 12 millóns de habitantes.