Caracas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caracas é a capital e maior cidade de Venezuela, conta con 2.073.768 de habitantes e coa área metropolitana chega aos 5.000.000. Localízase no norte do país, entre 760 e 910 m, a 15 km do mar Caribe, aínda que separado del por unha parede de montañas que sobrepasan os 2130 m, o río Guaire atravesa a cidade. A cidade fórmana os municipios de Baruta, Chacao, Sucre, El Hatillo e Libertador.
A cidade fundouna o explorador español Diego de Losada o 25 de xullo de 1567 co nome de Santiago León de Caracas