Carro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un carro é un tipo de vehículo con dúas ou catro rodas con varas para enganchar o tiro, máis un bastidor de táboas e listóns de madeira ou cordas, para levar a carga. De tracción animal, xeralmente un boi, vaca, cabalo ou mula. Os carros foron os vehículos máis empregados antes de se popularizar o uso do automóbil.
Os primeiros carros están ligados ó invento da roda e apareceron no 4º milenio a.C.