Vaca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vaca | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Bos taurus | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A vaca (Bos taurus) é un animal domesticado polo home e orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e pel e tamén como medio de transporte e animal de cárrega, dependendo da raza.
Parece probable que a vaca europea proceda da vaca salvaxe Bovidae primigenius (Bos primigenius) domesticada hai uns 8500 anos no sureste de Europa. Era pouco común criar gado para alimentación. Comíanse apenas se morresen ou non fosen máis útiles para carga ou para fornecer leite. Ao contrario da cabra, tamén servía como animal de carga, mais precisaba de pastaxes maiores.
Linneo identificou tres especies distintas: Bos taurus, ou gando europeo, que inclúe tipos semellantes de África e Asia; Bos indicus, o cebú, de orixe asiática; e o Bos primigenius ou auroques. Máis recentemente, estas especies agrupáronse nunha única, Bos primigenius taurus, Bos primigenius indicus e Bos primigenius primigenius. Existen numerosos híbridos e mesmo razas híbridas, cos que se tenta combinar a produtividade do gado taurino coa rusticidade e adaptabilidade a medios tropicais do gado cebú.
Índice |
[editar] Denominacións
As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. Na Galicia rural non existe a diferenciación entre "touro" -enteiro- e "boi" -castrado- que resulta común no castelán. As crías denomínanse puchos, cuxos, becerros, tenreiras ou terneiras, e desde o ano de idade ata que paren, xovencos.
Existe o colectivo gando e os adxectivos vacún / vacúa e bovino.
[editar] Bioloxía
A vaca é un mamífero ungulado, herbívoro e rumiante que vive entre 14 e 16 anos. O seu periodo de xestación é de nove meses. Normalmente ten unha soa cría, que pesa entre 40 e 50 Kg, ainda que en ocasións pode ter dous becerros nun só parto. Dispón de dous cornos, que son ocos, non ramificados e permanentes.
O seu sistema dixestivo permítelles dixerir alimentos que, se non, non lles serían aproveitábeis, regurxitándoos e mascándoos de novo. Isto permite que as vacas se poidan alimentar de herba e outros vexetais. A forza e rigidez das plantas débese á fibra, que é o componente principal dos talos das gramíneas e outras; os azúcares complexos (celulosa e hemicelulosa) atópanse encerrados nas paredes das células e son innaccesíbeis para a maioría dos animais. A papilla resultante da primeira dixestión vólvese a tragar e dixerida de novo por bacterias, protozoos e microbios que habitan no rumen, que xeran os ácidos graxos volátiles que supoñen a fonte de enería metabólica primaria das vacas. Os microbios que habitan no interior do rumen sintetizan tamén aminoácidos de compostos de nitróxeno non proteínico como a urea.
As vacas contan con un estómago que consta de catro cavidades, o rumen, o retículo, o omaso e o abomaso.
O retículo é a de menor tamaño e o retículo o maior. Estas dúas son as primeiras cavidades. O contido do retículo mézclase co do rumen case continuamente (unha vez por minuto) e comparten unha poboación densa de microorganismos. O rume é un vaso de fermentación grande con capacidade para entre 100 e 120 Kg no que as partículas de fibra permanecen entre 20 e 48 horas.
O retículo separa as partículas que teñen un tamaño pequeno (<1-2 mm) ou son densas (>1,2 g/ml), que son as que poden pasar á terceira cavidade.
A función principal do omaso é a de reaproveitar auga e minerais como o sodio e o fósforo, que poden retornar ao rumen através da saliva. Ten unha capacidade de uns 10 kg.
O abomaso parécese ao estómago dos non rumiantes, polo que ás veces se lle chama "estómago verdadeiro". Secreta ácidos fortes e moitas enzimas dixestivas. O que entra no abomaso componse fundamentalmente de partículas non fermentadas de alimentos, algúns produtos finais da fermentación microbiana e os microbios que creceron no rumen.
Existe a crenza popular de que as vacas, e especialmente os touros, se alteran coa cor vermella. Isto non é certo, dado que son practicamente cegos á cor.
[editar] Cultura
Segundo o Hinduísmo a vaca é un animal sagrado, esta relixión considera que en cada parte da vaca habita un deus e nen un só pelo deste animal debe ser violado. Os hindús son na maioritariamente vexetarianos; para eles a vaca é un símbolo da terra e alimentala un xeito de rendir culto. En moi poucos estados da India está permitido sacrificar a este animal que é adornado con guirnaldas, cando enferma e é motivo de celebración cando ten un becerro, o ritual de celebración reune ó seu dono, ós veciños e a un sacerdote. O escritor Monier Williams describe deste xeito a adoración deste animal na India: "O menor pelo do seu corpo é inviolable. Tódolos seus excrementos son dignos de veneración. Nen unha partícula debe ser desprezada como impura. Pola contra, a auga que despide debe ser gardada como a máis santa de tóda-las augas, un líquido que borra os pecados e santifica todo canto toca; por outra banda, nada purifica tanto coma o excremento de vaca..."
Os machos de determinadas razas ademáis úsanse como entretemento nas touradas, coa oposición de numerosos movementos de defensa dos animais e movementos cívicos.
[editar] Variedades
RUBIA GALEGA:
É a máis característica de Galicia, pesa entre 450 e 500 kg. e ten o pelo de cor roibo con variacións de tono. Emprégase para a producción de carne e noutros tempos como animal de carga. Abunda especialmente en Lugo e A Coruña.
Vacas no camiño de Santiago, 2005 |