Castelo de A Palma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Situación
O Castelo da Palma situase no concello de Mugardos, na comarca da Ferrolterra, na provincia da Coruña.
[editar] Historia
A súa orixe remóntase á época dos enxeñeiros militares de Filipe II, no último cuarto do século XVI, concretamento no ano 1597. Formaba parte do sistema defensivo de aceso á ría de Ferrol dende o mar polo que se empraza nunha enseada na entrada da ría de Ferrol frente ao Castelo de San Felipe.
Nace integrado nunha estrutura defensiva de tres castelos: San Felipe, San Martín e o da Palma. Co desenvolvemento do Arsenal Militar realízanse obras de ampliación nos séculos XVIII e XIX por mor dos avances tecnolóxicos no eido militar. Carecía de armamento e a súa función limitábase a vixilancia do tráfico marítimo. O edificio actual construiuse a finais do século XIX.
A súa última función, na segunda metade do século XX, foi como cárcere militar, onde estivo confinado, entre outros, o golpista Tejero.
[editar] Situación actual
Recentemente adquiriuno unha cadea hoteleira e atópase en estado de abandono, a espera de que se inicien as obras de restauración e acondicionamento.