Mugardos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mugardos | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Mugardés, Mugardesa |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Ferrol |
Área: | 12,8 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | Mugardos |
Latitude e lonxitude: | 43º27'34" Norte 8º14'30" Oeste |
Altitude máxima: | 150 m. |
Altitude mínima: | 0 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 5.621 hab. |
Densidade: | 439,14 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 3 (885 votos - 24,15 %) BNG 4 (939 votos - 25,63 %) PSdeG-PSOE 3 (761 votos - 20,77 %) Outros: IPM/EU-IU - 2/1 (525/467 - 14,33/12,75 %) |
Alcalde: | Xosé Fernández Barcia (BNG) |
Eleccións municipais en: 'Mugardos' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 5.102 - 100 % |
Votantes: | 3.691 - 72,34 % |
Abstencións: | 1.411 - 27,66 % |
Votos en branco: | 87 - 2,37 % |
Votos nulos: | 27 - 0,73 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Avenida de Galicia, 45 |
Teléfono: | 981470338 |
Fax: | |
Código Postal: | 15620 |
Correo electrónico: | correo@mugardos.dicoruna.es |
Sitio web oficial: | www.concellodemugardos.org |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Ferrol. Poboación en 2004: 5.612 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes(5.737 en 2003). Xentilicio (véxase no Galizionario) : Mugardés
Índice |
[editar] Lugares de Mugardos
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mugardos vexa: Lugares de Mugardos.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mugardos | |
---|---|
Franza (Santiago) | Meá (San Vicente) | Mugardos (San Xulián) | Piñeiro (San Xoán) |
[editar] Unha pequena historia de Mugardos
Os primeiros documentos manuscritos que falan de Mugardos (Mogardos) datan do 1105, cando a mitade da vila perteñecía au Mosteiro de Caaveiro a Cristóbal de Seguedís; en outro documento do ano 1235 aparece o abade Tedón como outro posesor da outra mitade.
Cando medrou a casa de Andrade da man de Enrique II estas terras pasaron a ela: Fernán Pérez de Andrade, fundou o convento de Santa Catalina de Montefaro no 1393, entregándolle no 1397, segundo documento redactado en Caamouco, ... a vila de Mugardos e todos seus servicios e colleitas e tallas e tributos... e todos serventíos que soien façer para que o feçeren des i en deante ao dito moesteiro..., mentres no demais da volta administraban cabaleiros con casaforte en Caamouco, As Torres de Franza e Boado.
A peste do 1404 levou ós veciños de Ferrol a prometer o Voto de Chanteiro, romaría anual polo mar ata Mugardos e a pé ata Chanteiro ; mantívose a tradición ata o 1839; que los peligros de las galernas e que as autoridades eclesiásticas apreciaban que a festa daba “... "lugar a escenas poco edificantes para la moral" trouxo a supresión do Voto, con protestas dos veciños de Ares e Mugardos.
Unha anedota curiosa acontece cando a princesa Mariana de Noeburgo que viña para o seu casamento co rei de España Carlos II O Enfeitizado. Un forte temporal obligou a sua nave a facer escala no que hoxe é o Castelo da Palma. O pedrón onde éla puxo os pés chamase hoxe, «O Cu da Raíña».
Documentos da metade do século XVII dan conta da construcción de baterías artilleiras en O Promontorio, San Martín e A Palma (esta ampliada no 1762) e subliñan a "... valentía y arrojo de los hombres de mar de Mugardos y El Seixo", ese mesmo mar que era a forma principal de gaña-la vida, cando Franza, Boado ou San Xoán eran labradores; xente toda ben botada pra diante, como demostraron no salvamento de Dª Ana María de Noeburgo e o seu cortexo, varados polo temporal ó pé do Castelo da Palma no 1690.
Para agradecer o pobo mugardés do bo acollimento ofrecido à futura raiña da España, foi-lle atribuída e confirmada após pelo rei, a excepción do servicio militar pra todos os xovens de Mugardos.
O xerente de Mugardos, Ramón Mariño da Barreira obtem, após dun longo processo, a liberacion do señorío de Montefaro, un facto que é concretizado na concesión do escudo municipal, efectuado en 1805. Este escudo é esculpido por duas coroas e de unha estrela de prata. Asi lle foi tamen acordado ô titulo de "Real Vila".
A Guerra da Independencia trouxo 2.400 soldados franceses que abandonaron a zona tres días despois, acurralados por grupos guerrilleiros e "... haber en el termino hambre y mendicidad", miseria consecuente á instalación de fábricas catalanas de salgado de peixe, 6 factorías en A Redonda, O Baño, Mugardos, O Promontorio e O Seixo, e que con novos sistemas de pesca esquilmaban o mar; para 1821 "... deseseperados los habitantes del termino y sin poder salir a la mar por no haber pesca", deron os mariñeiros en pescar "... en la ría de A Xunqueira y hacer mucho comercio de la sardina, dedicándose al congrio con cordel o al pulpo, saliendo fuera de la costa y hasta la de Irlanda".
Mais tamén a emigración –sobre todo a Cuba–, o traballo na construcción naval, o abandono da agricultura, o trazado da vila, son propios dos séculos XIX e XX, como hai que destacar outros fenómenos máis contemporáneos: o espíritu progresista, afortalado nas lanchas da Maestranza, hoxe grazas os novos tempos do transporte unicamente dedican-se os servicios touristicos pola ria.
[editar] Galería de imaxes
Vexa a Galería de imaxes de Mugardos para unha relación completa das imaxes dispoñibles deste concello.
[editar] Mugardos fútbolistico
Un equipo de fútbol que orixinario dos anos vinte, foi, cara ô principio dos anos cincuenta, fundado no lugar de A Pedreira, (parroquia de Méa) grazas ô esforzo colectivo de todos os aficionados do municipio, na atualidade todos os mugardeses están orgullosos do Galicia de Mugardos, un excelente equipo de Ferrolterra.
[editar] Evolución da poboación de Mugardos desde 1900
Evolución da poboación de: Mugardos - desde 1900 ata 2004 | ||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2002 | 2004 |
6.517. | 7.112. | 7.110. | 7.079. | 6.668. | 6.200. | 5.718. | 5.859. | 5.612. |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||