Catedral de Aquisgrán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A catedral de Aquisgrán, tamén coñecida como a Catedral Imperial de Aquisgrán (Kaiserdom en alemán) é a catedral máis antiga do norte de Europa. Carlomagno comezou a construción da Capela Palatina no 786, pero foi sucesivamente ampliada nos mil anos seguintes, polo que inclúe gran variedade de estilos arquitectónicos diferentes.