Charlie e a fábrica de chocolate
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charlie e a fábrica de chocolate (Charlie and the Chocolate Factory) é unha novela infantil do escritor galés Roald Dahl escrito en 1964. O libro, un clásico da literatura infantil en lingua inglesa do século XX, é coñecido pola súa linguaxe fácil e espontánea, así como polas súas detalladas descricións, características do estilo de Roahl Dahl.
Roald Dahl escribiu unha sequela en 1972, Charlie e o gran ascensor de cristal (Charlie and the Great Glass Elevator).
A historia xa mereceu duas adaptacións para o cinema, Willy Wonka & the Chocolate Factory de Mel Stuart, con Gene Wilder, en 1971 e Charlie and the Chocolate Factory de Tim Burton, con Johnny Depp, en 2005
[editar] Sinopse
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
O enredo do libro é sobre o neno chamado Charlie Bucket, que vive na pobreza, nunha casa cun único cuarto, cos seus pais e catro avós. Charlie é un rapaciño xentil, meigo e tamén responsábel. Contodo, o que Charlie máis ama na vida é o chocolate. Mais, a causa da pobreza da familia, só recibe unha barra por ano, no día do seu aniversario.
Preto da casa de Charlie está localizada a maior fábrica de chocolate do mundo, de propiedade do Sr. Willy Wonka, o maior e máis inventivo produtor de chocolate, que produce todos os tipos de deliciosas golosinas, incluindo algunhas que parecen imposíbeis de existir, como un sorbete que nunca derrete e unha goma de mascar que nunca perde o seu sabor. Por culpa da espionaxe industrial, que case levou a fábrica do Sr. Wonka a quebra, este pechou a súa fábrica para o público e agora produce somente con misteriosos empregados, que viven alá dentro.
Wonka, nun movimento sorprendente, decide abrir a súa fábrica para a visita pública, iniciando unha lotería. Cinco barras de chocolate Wonka esconden cinco “Billetes Dourados”, que darán a quen os encontre a admisión para el e dous membros máis de súa familia, coma acompañantes, a unha visita guiada polo propio Wonka á súa fabulosa fábrica.
Como por milagre, Charlie consegue encontrar un dos “Billetes Dourados” e así el e mailo seu avó Joe entran na fábrica do Sr. Willy Wonka, onde encontran moitas creacións maravillosas do Sr. Wonka – incluindo alguns protótipos que causan efectos colaterais de levantar os cabelos. Os outros vencedores dos “Billetes Dourados” compórtanse mal un por un, terminan en situacións bizarras, case fatais, que requiren o seu afastamento da visita guiada. Charlie pórtase tan ben que ao final é recompensado.