Christian Anfinsen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christian Boehmer Anfinsen ( Monessen, Pennsilvania 1916 - Randallstown, Maryland 1995) químico norteamericano. En 1972 gañou o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a ribonuclease, especialmente aos relativos á conexión entre a secuencia de aminoácido e a conformación bioloxicamente activa.
Graduado pola Universidade de Harvard en 1939. Director do laboratorio de fisioloxía celular e metabolismo do Instituto Nacional Cardiolóxico en Bethesda (1950-1962).
En 1961 demostrou que a ribonuclease podía pregarse despois da desnaturalización mentres preservaba a actividade enzimática, suxerindo que toda a información requerida pola proteína para adoptar a súa conformación final ten o código na súa estrutura primaria.
En 1979 Anfinsen converteuse ao xudaísmo ortodoxo.