Cinismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Cinismo foi unha corrente filosófica fundada por un discípulo de Sócrates chamado Antístenes de Atenas, arredor do 400 a.C..
A súa filosofía partia do principio de que a felicidade non depende de nada externo á propia persoa, ou sexa, cousas materiais, recoñecimento alleo e mesmo a preocupación coa saúde, o sofremento e a morte, nada diso pode traer a felicidade. Segundo os Cínicos, é xustamente a liberación de todas esas cousas que pode traer a felicidade que, unha vez obtida, nunca máis podería ser perdida.
O máis importante representante desa corrente foi un discípulo de Antístenes chamado Dióxenes de Sínope. El vivía dentro dun barril e posuía apenas a súa túnica, un caxado e unha saqueta de pan. Cóntase que un día Alexandre Magno parou en frente ao filósofo e ofreceulle, como unha proba do respecto que tiña por el, a realización dun desexo, calquera que fose, caso tivese algún. Dióxenes respondeu: "Desexo que te afastes do meu Sol". Esa resposta ilustra ben o pensamento cínico: Dióxenes non desexaba nada a máis do que tiña e estaba feliz así (apenas, no momento, gostaría que o sol non lle fose bloqueado).
Así como a preocupación co propio sofremento, a saúde, e maila morte, a preocupación coa saúde, a morte e o sofrimento dos demais tamén era algo do cal os cínicos desexaban libertarse. Por iso que a palabra cinismo adquiriu a connotación que ten hoxe en día, de indiferenza e insensibilidade ao sentir e ao sofrer dos outros.