Clasicismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo Clasicismo refírese ao estilo musical que domina durante a segunda metade do século XVIII. É o equivalente ao Neoclasicismo do resto das artes.
En Música adóitase coller o ano da morte de Johann Sebastian Bach (1750) para delimitar a fin do Barroco e o comezo do Clasicismo. Obviamente xa atopamos mostras do novo estilo en autores anteriores a esta data, caso de Gluck e compositores barrocos seguiron escribindo música con posterioridade, coma Händel.
Este estilo caracterízase polo equilibrio e pola proporción, fronte á ornamentación tan característica do Barroco. É a época do nacemento ou da fixación de formas clásicas coma a sonata, a sinfonía, o concerto ou o cuarteto de corda.
Os principais autores son Haydn, Wolfgang Amadeus Mozart e Christoph Gluck. Beethoven actuará de ponte co Romanticismo.