Barroco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da arte | ||||
|
||||
Arte prehistórica | ||||
Arte antiga | ||||
Arte medieval | ||||
Arte occidental | ||||
Arte contemporánea | ||||
Arte etnográfica | ||||
Arte americana | ||||
Arte africana | ||||
Arte asiática | ||||
Arte islámica |
Coa palabra Barroco defínese todo un movemento cultural que tivo lugar durante o século XVII. O termo provén da palabra portuguesa homónima, co significado de pérola imperfecta, ou por extensión, xoia falsa.
A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. Polo tanto, o Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.
O barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectural e en xeral á orde estética renacentista, de beleza eqilibrada e razoable, o barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza e á vez o gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa Católica. Roma converteuse no centro do Barroco.