Cloaca Máxima
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Cloaca Máxima era unha rede de sumidoiros construído en Roma que atravesaba o foro e desaugaba no río Tíber.
Segundo a tradición, a Cloaca Máxima foi obra do rei Tarquinio Prisco, no VI a.C. para drenar o foro e os vales situados entre as colinas do Capitolio, e o Quirinal e o bairro da Subura. Medía uns 600 metros e tiña un diámetro de 4 a 5 metros. Aínda existe hoxe e a boca é visíbel perto da ponte do Palatino.
A Cloaca Máxima partía do Arxileto, onde recollía as augas do Esquilino, o Viminal e o Quirinal e atravesaba o foro e o Velabrum de norleste a sudoeste. Parte do percorrido era por superficie e seguiuse o trazado dun curso de auga xa existente.