Cloroplasto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os cloroplastos son orgánulos citoplasmáticos encargados de realizar a fotosíntese en organismos eucariontes. Atopámolo en plantas e en protoctistas fotosintéticos. Son relativamente grandes, 5-10 micrómetros por 0.02-0.1 mm.
A súa orixe, de acordo coa Teoría endosimbionte, enténdese que foi unha cianobacteria primitiva fagocitada por unha célula, o cal explica o seu xeito de reprodución independente das mitoses da célula, que posúa ADN propio,dupla membrana, e ribosomas 70S, propios de bacterias.
Tópase nas follas.
[editar] Morfoloxía
Resulta fácilmente identificábel, pola súa cor verde e o seu gran tamaño.
Presenta 2 membranas de bicapa lipídica apigmentadas de orixe propia (non proveñen do Retículo endoplasmático. Unha Membrana externa rica en porina (permeábel até os 5000D) e unha membrana interna, rica en galactolípidos, contén ao estroma ou matriz onde se atopan gránulos de amidón e un sistema membranoso interno formando granas ou pías de tilacoides. Dito sistema membranoso está incomunicado do exterior, a luz dos tilacoides coñécese como lumen.
[editar] Maduración
Os cloroplastos proveñen dos proplastidios (orgánulos de dupla membrana con diámetro de entre 2 e 4 micrómetros). Se lles chega luz, formaranse os tilacoides mediante invaxinacións, e inevitábelmente convertiranse en Cloroplastos. Pola contra, se son mantidos na escuridade, as invaxinacións entrecruzaranse, e formarase un etioplasto, que non é fotosintético, que de recibir luz, en media hora organizará as súas vesículas para converterse en cloroplasto.