Célula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A célula é a unidade mínima con vida. Realiza tódalas funcións características do organismo vivo, estas son a nutrición, a relación co seu entorno, a excreción dos produtos froito do metabolismo, e a reprodución (multiplicación) para dar lugar a novas células. Divídense en dous grandes grupos: células eucariontes con núcleo celular definido por unha membrana dobre contendo o material xenético; e células procariontes as cales teñen o xenes no citoplasma celular e non limitado por membrana, e carecen tamén de moitos dos orgánulos da célula eucariota ou eucarionte.
Non é concebible un organismo vivo nun eslavón máis baixo que o de unha célula.
Deste modo os seres vivos máis sinxelos constitúense por unha soa célula como poden ser moitos protozoos causantes de enfermidades do home coma a malaria ou a doenza do sono; tamén son unicelulares moitos organismos que considéranse plantas polo feito de que sintetizan os seus alimentos a partir da luz mediante a fotosíntese. Sen embargo os organismos máis complexos da natureza están compostos por moitas células conformando un animal ou planta pluricelular. As células conforme aumenta a complexidade diferéncianse entre elas para levar a cabo funcións distintas. Por exemplo nunha árbore, unhas células do clorénquima son as encargadas de face-la fotosínteses nas súas follas , mentres que outras están no interior do tronco mantendo a rixidez que mantén a árbore erguida. E no ser humano, temos case 800 tipos distintos de células, algunhas, os eritrocitos do sangue, teñen como función transportar o osíxeno dende os pulmóns ata unha célula epitelial dalgún dedo do noso pé; e outras teñen o labor de transmitir as instruccións dende o cerebro ata algún músculo do brazo para levantalo, son as neuronas.
A estrutura da célula é complexa, e aínda quedan aspectos por coñecer da mesma. Ademais da súa fisioloxía por completo, e o ciclo de vida celular. Todo eso supón traballo de moitas xeracións máis.
[editar] Véxase tamén
- Núcleo celular
- Citoplasma
- Célula fotoeléctrica
- Célula nai
- Célula nerviosa