Columna de Traxano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Columna de Traxano é un monumento romano erguido polo arquitecto Apolodoro de Damasco por orde do Senado. Está localizada en Roma, no Foro de Traxano, perto do Quirinal, ao Norte do Foro romano. Completada en 113 d.C., esta columna exenta é famosa polos seus baixo-relevos en espiral, que cubren todo o fuste, e que conmemoran a victoria do emperador Traxano nas Guerras da Dacia.
A estrutura mide arredor de 30 metros de altura, 38 metros incluíndo o seu ancho pedestal. O fuste está feito dunha serie de 20 cilindros colosais de mármore de Carrara, cada un de sobre 40 toneladas de peso, con un diametro de perto de 4 metros. No interior do fuste, unha escaleira en espiral, con 185 chanzos, facilita o acceso á plataforma da cima.
Consonte a moedas antigas con a imaxe da columna, esta estaba coroada con a estatua dunha ave, verosimilmente unha águia, que era o símbolo do Imperio romano.