Comesaña, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo André de Comesaña é unha parroquia do concello de Vigo.
- Limita cas parroquias de Alcabre, Coia, Coruxo, Matamá, Navia e Valadares e pertence ó arciprestazgo de Vigo-San Andrés.
- Ten 16 entidades de poboación, 10 lugares e 3.031 veciños (2003)
- As súas entidades de poboazón son as seguintes: Casás (468), Os Cocheiros (129), Comesaña (141), Os Eidos (95), A Igrexa (54), Os Muíños (48), O Pazo (109), Pedra Branca (87), A Pedreira (68), As Pereiras (81), A Ponte (1.401), Rodeira (67), Romeu (151), Sanín (22), O Tombo (84) e A Viña da Veiga (26).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades): A Aguieira, A Bouza, A Capela, O Caramuxo, A Cova da Becha, Eixido, A Fonte Santa, As Nogueiras, O Outeiro e Rial.
A parroquia é atravesada polo río Lagares. No Caramuxo acolle unha das principais zonas industriais de Vigo que aproveita as dúas marxes do río. Sobresaen as construcións relacionadas ca auga: fontes, lavadoiros e muíños. Tamén resulta de grande interese o conxunto formado pola igrexa parroquial, a casa reitoral e o palco do campo da festa. Posúe tres cruceiros: o Cristo do Pazo, o do templo parroquial e o Cristo do Outeiro (un dos máis antigos da Galiza).
Lugares da parroquia de Comesaña no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Casás | Cocheiros, Os | Comesaña | Eidos, Os | Igrexa, A | Muíños, Os | Pazo, O | Pedra Branca | Pedreira, A | Pereiras, As | Ponte, A | Rodeira | Romeu | Sanín | Tombo, O | Viña da Veiga, A |