Navia, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Paio de Navia é unha parroquia do concello de Vigo.
- Ten 12 entidades de poboación, 10 lugares e censados 2.190 veciños (2003), ainda que coa novas urbanizacións aumenta progresivamente a máis de 3.000.
- As súas entidades de poboazón son as seguintes: A Devesa (316), A Gándara (181), Goberna (45), As Pereiras (510), As Pertegueiras (59), Quintela (90), O Redondo (362), Samil (191), A Tomada (125), A Torre (119), O Xuncal (192), As Teixugueiras (600).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.
Formou parte do Concello de Fragoso ata 1837, cando se integrou en Bouzas. Dende a década dos anos 70 experimentou un profundo desenvolvemento urbanístico concentrándose a poboación ao redor da Alameda de Emilio Crespo Cano, a urbanización Samil, e co desenvolvemento do PAU de Navia, na nova urbanización. Entre os munumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur da Galiza. Na parroquia atópase a praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nucturnos (tamén chamados "búhos").
A principal entidade social da parroquia é a Asociación Veciñal de Navia, con sede na rúa Bravo nº6 e conta cunhas completas instalacións con auditorio e sala de conferencias onde se celebran eventos culturais, conferencias, cursos e proxeccións durante todo o ano. Tamén destaca a existencia dunha emisora de radio veciñal, Onda Nada, que emite na frecuencia 107.70 FM.
[editar] Enlaces externos
- Asociación Veciñal de Navia
- InfoNavia: Noticias e información sobre Navia.
- PaudeNavia.net: Portal web do barrio de As Teixugueiras.
- Foro de Navia
Lugares da parroquia de Navia no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Devesa, A | Gándara, A | Goberna | Pereiras, As | Pertegueiras, As | Quintela | Redondo, O | Samil | Tomada, A | Torre, A | Xuncal, O |