Comunidade Económica Europea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Política da Unión Europea |
|
A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e arancel aranceis]] externos comuns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comuns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comuns para e desenrrolo económico. Estas institucións, posteriormente, no ano 1965, fusionaronse coas institucións da CECA e das do EURATOM, grazas ao Tratado de fusión (ou Tratado de Bruxelas).
A CEE foi a máis famosa das tres Comunidades Europeas, e despois do Tratado de Maastricht (o TUE) cambióuselle o nome polo de Comunidade Europea (CE). Tamén no Tratado de Maastricht creouse oficialmente a Unión Europea. Trala creación da Unión Europea, a CE (antigua CEE) pasou a formar parte do primeiro dos tres Pilares da Unión Europea.