Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Convencións de nomes é un lista de directrices para elixir os títulos máis apropiados para nomear as páxinas.
[editar] Regras xerais
- Minúsculas e maiúsculas
MediaWiki, o software que formece á Wikipedia, está configurado para non distinguir entre maiúscula e minúscula inicial (no Wiktionary si se diferencia). Todos os títulos de páxinas comezan por maiúscula independentemente de seren escritos nun principio con minúscula.
Segundo as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, escríbese inicial maiúscula nos seguintes casos:
- Nos nomes propios: Lucía, Seoane, Moncho, Lugo, Vedra, Xúpiter. Os alcumes reciben o mesmo tratamento: a Galochas, o Foguetes.
- Na primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas: A tecedeira de Bonaval, Follas novas. As publicacións periódicas adoitan levar maiúscula non só na primeira palabra inicial, senón tamén nas restantes do título que teñan relevancia semántica: A Nosa Terra, O Correo Galego, O Tío Marcos da Portela.
- En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Cooperativa Vitivinícola do Baixo Miño.
- Cando unha palabra con maiúscula inicial comece por un dígrafo, só se escribe en maiúscula o primeiro elemento deste: China, Quintela, Guillade.
- As siglas escríbense normalmente en caracteres maiúsculos: ONU, DOG.
Convención: Non capitalice a segunda palabra e seguintes dun título a menos que se trate dun nome propio ou semellante (exemplo: Rosalía de Castro e América Central, pero non Código Binario). A primeira letra dunha ligazón interna no necesita capitalizarse porque o software automaticamente dirixe á versión coa maiúscula inicial (exemplo: follas novas dirixe á mesma páxina Follas novas).
Recurso: Para aqueles casos nos que o título comece por minúscula (exemplo: iPod ou mIRC) pode utilizar o modelo {{minúscula}} que se vale de javascript para mudar a primeira letra por unha minúscula (se non está activo ou non se dispón de javascript visualizase unha mensaxe avisando do título correcto).
[editar] Convencións de nomes
- Nomes máis comúns para persoas e cousas
Convención: Use o nome máis común, que non entre en conflito con outros nomes, para persoas e cousas.
Exemplos de nomes comúns usados na Wikipedia no canto doutros máis elaborados ou máis formais:
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (non Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao)
- Bill Clinton (non William Jefferson Clinton)
- Tony Blair (non Anthony Charles Lynton Blair)
- Pelé (non Edson Arantes do Nascimento)
- Nomes propios doutras linguas
- Mántense o nome na súa grafía orixinal no caso dos nomes de persoas (exemplos: Nadia Comăneci, Johnny Weissmüller, Antoine Jérôme Balard)
- Recurso: Naqueles títulos nos que haxa caracteres que presenten dificultade para escribir cos teclados dos usuarios galegos debe facerse unha redirección (exemplo: Nadia Comaneci → Nadia Comăneci)
- Manteñense os nomes de persoa escritos en alfabetos distintos ao galego (ruso, chinés, árabe, xaponés,...) facendo a transliteración correspondente de acordo coa pronuncia orixinal
- Os nomes de reis, papas, figuras históricas, divindades, personaxes mitolóxicos, personaxes literarios,...adáptanse ao galego (exemplos: Xoán Carlos I, Bieito XVI, Xúpiter)
- Convención: Os reis deben incluír no título a súa orixe xeográfica, cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente (exemplo: Xoán Carlos I → Xoán Carlos I de España)
- Nomes de festividades cívicas, relixiosas e políticas
- Os nomes de festividades estranxeiras adáptanse ao galego sempre que non teñan equivalente na nosa lingua (exemplo: adáptase A Revolución dos caraveis, non se adapta A Diada de Cataluña)
- Nomes de lugares
Para as normas xerais, consulte as Normas sobre toponimia.
Para unha listaxe de todos os topónimos e as normas para os topónimos galegos, véxase Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia.