Coulomb
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O coulomb ou culombio, símbolo C, é a Unidade derivada do SI para a medida da magnitude física cantidade de electricidade (carga eléctrica).
Defínese como a cantidade de electricidade transportada nun segundo por unha corrente de un amperio de intensidade. É arredor de 6.24×1018 veces a carga de un electrón. Nomeada en honor de Charles-Augustin de Coulomb (1736 - 1806).