Cruceiro Reina Mercedes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Reina Mercedes foi un cruceiro da armada española construído en Cartaxena e botado o 12 de setembro de 1887. Participou na campaña de Melilla de 1893; desde 1896 tiña base en Cuba, durante a Guerra do 98 participou na defensa de Santiago de Cuba e foi afundido coa súa tripulación, dous canóns da súa artillería foran desmontados para montar unha batería en terra e os americanos despois da rendición da cidade reflotaron o navío que foi levado en 1912 á Academia Naval de Annapolis e estivo en servizo na armada norteamericana ata 1957 como USS Reina Mercedes servindo na como barco residencia na