Artillería
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A artillería é a arma do exército que está a cargo de armas de fogo superiores ó calibre 20 con carga explosiva. A palabra segundo se utiliza no contexto actual orixinouse na Idade Media, provén do francés antigo atellier (arranxar) e attillement (equipamento). A partir do século XIII un artillier referiase a un construtor de calquera equipamento de guerra e nos seguintes 250 anos a palabra artillería cubriu todas as formas de armas militares. Propiamente a artillería nace coa aparición da pólvora. Na Europa do século XIV hai varias referencias ó uso de pezas artilleiras primitivas en Al-Andalus e en Inglaterra, consistían nunha especie de potes de ferro que disparaban croios e frechas de gran tamaño. Na batalla de Crezy (1346) sábese dun canón que disparaba croios.