CSS
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Acrónimo do inglés Cascading Style Sheets, as follas de estilo son unha linguaxe que se usa para definir a presentación de documentos escritos nunha linguaxe de marcación, como é o caso de HTML ou XML. Co uso das CSS, o que se pretende é separar a estrutura do documento do que sería a súa presentación. Por exemplo, o elemento de HTML <H1>
indica que un bloque de texto é un cabezallo e que é máis importante que outro bloque etiquetado con <H2>
. Versións anteriores do HTML tamén permitían definir o tamaño ou cor do texto, pero a ausencia dun estándar levaba a que en moitos navegadores as páxinas non se visualizasen correctamente.
Utilizando CSS, a presenza da etiqueta <H1>
non proporciona información sobre a visualización (iso vai xa na folla de estilo), senón que indica cal é a estrutura do documento, dicindo que unha parte do documento é máis relevante que a outra (<H1>
prima sobre <H2>
, e esta á súa vez sobre <H3>
). Esta observación é importante, por exemplo, no caso de o usuario acceder cun navegador textual, xa que así os bloques de texto apareceranlle nesta orde e non desubicados.
Desta forma, ao contrario da práctica habitual, que consiste en colocar as etiquetas de formatación dentro do propio documento, o programador crea unha ligazón para un único ficheiro (coa extensión .CSS) que contén os estilos. A grande vantaxe do sistema é que se se quixer modificar o estilo de todo un sitio, abonda con incidir nun único ficheiro (ou nun conxunto reducido) para os cambios se estenderen ao resto de documentos.
Media:Exemplo.mp3Insira aquí un texto non formatado'Negriña'Negriñatítulo de ligazóntítulo de ligazón=== Exemplos ===
/* este é un comentario en css */ body { Fallou a conversión do código (erro descoñecido): --~~~~<nowiki>[[Image:[[Media:[[Media:<math><math> ---- ---- ''' '' font-family: Arial, Verdana, sans-serif; background-color: #FFF; margin: 5px 10px; } O código representado no espazo superior define que o documento se visualizará cunha fonte por defecto Arial. No caso de non estar dispoñíbel, substituiraa por Verdana. Igulamente, define as marxes de separación que deixará o corpo do documento, así como a cor de fondo (en formato [[hexadecimal]]). A necesidade de utilizar follas de estilo CSS veu do progresivo uso do HMTL para dar formato, e non só para crear contido nos documentos. Isto daba lugar a un aumento do peso dos ficheiros, ao mesmo tempo que, polas limitacións da propia linguaxe, existía unha grande incompatibilidade entre navegadores'' pola falta de [[estándar|estándares]]. As especificacións CSS pódense consultar na web do [[W3C]] (''Word Wide Web Consortium''), que é a entidade que define os estándares da [[internet]]. As últimas modificacións no estándar inciden sobre todo na [[usabilidade]] e na súa adaptación aos internautas con algún tipo de discapacidade. Así, por exemplo, se un usuario utiliza un navegador que converte [[texto]] a voz, nas CSS pódese definir o idioma ([[galego]], [[inglés]], [[francés]...), o rexistro do texto (linguaxe xurídica, xornalística, científica, coloquial...), o volume, o ritmo de lectura e outros parámetros.'''
</math>]]]]]]</nowiki></math>