Cuadrántidas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Cuadrántidas son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade exténdese entre o 1 e o 5 de xaneiro. O seu máximo é o día 3 con THZ 120, o que a convirte na chuvia máis activa do ano, xunto as Xemínidas.
Son meteoros de velocidade moderada que radian da constelación do Boiero ou Boötes. Sen embargo, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boiero.
O corpo proxenitor das Cuadrántidas foi probablemente identificado (nun artigo de Peter Jenniskens) como o asteroide 2003 EH1, que crese que foi á súa vez o cometa C/1490 Y1 que observaron astrónomos chineses, xaponeses e coreanos hai 500 anos.