Cyrano de Bergerac
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Savinien Cyrano de Bergerac (6 de marzo de 1619 - 28 de xullo de 1655) é un escritor francés contemporáneo de Molière nado en París. Morreu en Sannois aos 36 anos como consecuencia das feridas que lle causou unha viga ao caerlle encima.
[editar] Biografía
Era fillo dun avogado do parlamento e pasou a maior parte da súa infancia en Saint-Forget. Trasladouse a vivir a París e alí discorreu case toda a súa vida.
Logo de retirarse da vida de soldado tras recibir unha ferida durante o sitio de Arras, dedicouse á filosofía facéndose discípulo de Pierre Gassendi.
A influencia da escola materialista percíbese principalmente nas súas obras filosóficas: A Historia Cómica dos Estados e Imperios da Lúa e A Historia Cómica dos Estados e Imperios do Sol, publicadas postumamente nos anos 1657 e 1662 respectivamente.
Na actualidade é máis coñecido pola obra Cyrano de Bergerac de Edmond Rostand, na que se narra unha época da súa vida, que polas súas propias obras. Esta peza foi levada varias veces ao cine, o que deu a coñecer aínda mais a Cyrano.