Damon Albarn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Damon Albarn (nacido o 23 de marzo de 1968 en Leytonstone, Londres) é un cantante e compositor inglés coñecido por ser o vocalista da banda de britpop Blur.
Participou das bandas Circus, Real Lives e The Aftermath. É o actual vocalista de Blur e o principal responsable da banda Gorillaz, un dos seus proxectos paralelos máis coñecidos.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Primeiros anos
Albarn pasou a súa infancia en Leytonstone cos seus pais, Hazel e Keith, e a súa irmá Jessica. Durante uns meses a familia vivíu en Turquía e cando voltou a Inglaterra mudáronse a Colchester, Essex, debido ao traballo do seu pai, que era mestre. Albarn entón asistíu ao Stanway Comprehensive School. El coñeceu alí ao futuro guitarrista de Blur Graham Coxon e atopou que lle gustaban as mesmas bandas, como The Jam, The Kinks ou The Human League.
Despois de rematar a secundaria, Albarn mudouse para London para asistir á East 15 Acting School, perdendo o contacto con Coxon. Deixou a escola despois dun ano porque non era un bo actor (a pesares de que actuou na película Face en 1997) e comezou a compoñer e a tocar música. Algunhas das cancións que compuxo nese tempo convertéronse en temas de Blur, como "Birthday", do seu álbum de debut Leisure.
[editar] Blur
En 1988 Albarn matriculouse na Goldsmiths College en New Cross, Londres. Alí voltou a atoparse con Coxon. Despois de gravar unha serie de demos xuntos, os dous formaron Circus, e Coxon presentoulle a Albarn a Alex James. Coa entrada posteriormente de Dave Rowntree, a banda comezou a tocar como Seymour. Máis adiante abanda asinaría coa Food Records e cambiaría o seu nome a Blur.
Albarn e Blur gañaron éxito comercial e da crítica co seu disco Parklife en 1994, e Albarn converteuse nun dos líderes do movemento britpop. Ese éxito foi compartido coa banda Oasis coa que tiñan unha grande rivalidade, alimentada polos medios de comunicación.
Á altura do ano 2006 Blur leva editados sete álbumes, cinco dos cales chegaron ao número 1 no Reino Unido. Albarn escribía a maioría das letras das cancións editadas pola banda dende a súa formación. El dixo publicamente que agarda o regreso de Graham Coxon, que deixou a banda poco antes de editar Think Tank, para producir máis material; sen embargo, Coxon rexeitou voltar, e Albarn anunciou en setembro 2005 que el vai tocar a guitarra no seguinte traballo de Blur.
[editar] Gorillaz
Albarn formou a banda virtual de rock Gorillaz co creador de Tank Girl, Jamie Hewlett, en 1999. Cunha deliberadamente ambigua formación, o grupo leva editados dous álbumes ata a data. A súa música ten colaboracións de Danger Mouse, Simon Tong (que tamén tocou a guitarra con Blur en directos), Miho Hatori, Sweetie Irie, De La Soul, Bootie Brown, MF Doom, Redman, Tina Weymouth, Roots Manuva, Neneh Cherry, Rosie Wilson, Martina Topley-Bird, Dennis Hopper, Ike Turner e Del The Funkee Homosapien entre outros.
Gorillaz e Demon Days (os dous discos da banda) funcionaron moi ben tanto en Estados Unidos como no Reino Unido, así como os seus sinxelos, "Clint Eastwood", "Feel Good Inc." ,"19-2000", "DARE", "Dirty Harry" e "Kids With Guns / El Mañana".