Delhi - दिल्ली
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Delhi (hindi: दिल्ली, urdú: دہلی ou دلّی)) é unha cidade de India, dentro do National Capital Territory, que de feito constitúe parte da súa área metropolitana e donde se atopa Nova Deli, capital do país, coma un barrio da vella e gran metrópolis (9.817.439h, censo 2001 ).
Delhi sitúase no norte do subcontinente indio, a beira do río Yamuna, un dos grandes afluentes do Ganxes.
No lugar teñen existido cidades dende tempos míticos, pero a súa relevancia histórica comeza cando os musulmanes invasores da India a elixen como capital. Despois, nun ritmo sen pausa de destrucción e reconstrución alcanza o seu esplendor coma capital da dinastía Mogol no século XVII cando constrúese o Forte Roxo.
[editar] Area Metropolitana
En contra do difundido nos últimos tempos, a metrópolis maior da India vai ser Delhi (ver historia urbana) e non Bombai. O crecimento nos últimos anos do aglomerado urbano donde radica a capitalidade do país ten sido maior que a de aquéla ata sobrepasala.
O AM de Delhi confórmase, ademáis de coa poboación da National Capital Territory (13.782.976h, censo 2001) cunha coroa de cidades que están a crecer aceleradamente nesta última década: Faridabad (1.054.981h) no sur e Ghaziabad (968.521) ao leste son as maiores. Máis ao norleste o área de Delhi, na súa expansión, conúrbase co de Meerut (1.074.225h; 1.167.399 no AM), cidade de Uttar Pradesh tamén cun gran crecimento pola súa proximidade a capital.