Delio Rodríguez Barros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Delio Rodríguez Barros (19 de abril de 1916 Moreira, Ponteareas - 14 de xaneiro de 1994 Vigo). Ciclista galego, gañou unha Vuelta Ciclista a España (en 1945), trinta e nove etapas nesa mesma competición (record que ainda non foi igualado) ademais de outras moitas competicións.