Dereitos de autor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os dereitos de autor (copyright, símbolo ©) son unha forma de protección proporcionada polas leis vixentes na maioría dos países aos autores, creadores, tradutores, investigadores ou artistas de obras orixinais, ben sexan literarias, dramáticas, musicais, artísticas e intelectuais.
En marzo do 2002 entrou en vixencia o Tratado da OMPI sobre Dereitos de Autor (WCT) e en maio do 2002 o Tratado da OMPI sobre Interpretación ou Execución e Fonogramas (WPPT).
Índice |
[editar] Fotografía
O Dereito de Autor considera ás imaxes fotográficas ós fins de tutelar as imaxes de persoas ou de aspectos, elementos ou feitos da vida natural ou social obtidas mediante o emprego dun procedemento fotográfico ou proceso análogo.
Corresponde ó fotógrafo, salvo nalgunhas cuestións relativas ós retratos fotográficos, o dereito exclusivo de reprodución, difusión e venda. Así a todo, se a obra foi obtida no marco de contrato de arrendamento de servizos ou de traballo, tal dereito exclusivo corresponde ó responsable do encargo contractual. A duración dos dereitos sobre a fotografía vén determinado pola normativa legal de aplicación.
O Dereito tamén protexe a privacidade do suxeito fotográfico. De feito, está permitida a difusión de fotografías sen o permiso do suxeito só nos casos de personaxes públicos, entendidos como persoas que, por traballo ou cargo público, resultan de notoriedade pública. No resto dos supostos, o fotógrafo titular da obra debe obter o permiso do suxeito á publicación e exposición pública.
[editar] Música
[editar] Literatura e ensaio
[editar] Ciencia
[editar] Véxase tamén
- Copyleft
- Organización Mundial da Propiedade Intelectual
- Uso lexítimo (fair use)
- SGAE
- Caso de Bridgeman Art Library Ltd. contra Corel Corporation
[editar] Enlaces externos
- OMPI Organización Mundial de la Propiedad Intelectual
- Texto del Convenio de Berna para la Protección de las Obras Literarias y Artísticas
- Texto del Tratado sobre Derecho de Autor y partes contratantes de la Organización Mundial de la Propiedad Intelectual sobre Derecho de Autor
- Legislación Española sobre derechos de Autor, en Cervantes Virtual
- CEDRO, Centro Español De Derechos Reprográficos
- Propiedad intelectual y sociedad civil: Right or left?
- U.S. Copyright Office: Material preparado polo gobierno de Estados Unidos.