Deserto do Teneré
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Teneré é unha rexión desértica no centro meridional do deserto do Sáhara, Níxer. Dise que as enormes dunas de area de Temet e a súa maxestuosa e máxica paisaxe fan que o sexa o deserto máis fermoso do mundo. A verba teneré para un tuareg significa "deserto" e así traducida á lingua árabe deulle o seu nome ó deserto do Sáhara.
A maior cidade do Teneré é Agadez, nas abas das montañas Aïr. Hai tamén asentamentos en varios oasis que se basean na extracción de sal.
O deserto tamén é coñecido pola árbore do Teneré, no seu tempo a máis afastada do mundo. Sorprendentemente, en 1973, un camión francés derrubouna nela (a única en varios centos de quilómetros) e remprazouse por unha escultura metálica, depositando a orixinal no Museo Nacional de Níxer.