Difracción
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Difración é un fenómeno que ocorre coas ondas cando elas pasan por un orificio ou contornan un obxecto cuxa dimensión é da mesma orde de magnitude que a súa lonxitude de onda.
Como este desvío na traxectoria da onda, causado pola difración, depende directamente da lonxitude de onda, este fenómeno usase para dividir, nos seus compoñentes, ondas vidas de fontes que producen varias lonxitudes de onda.
Para a luz visíbel, usase unha rede de difración, formada por unha superficie reflectiva ou transparente en que se marcan varios sulcos, ben próximos uns dos outros (décimos ou centésimos de milímetro). Exemplos destas redes e as súas propiedades: cando se olla un tecido de trama fina contra unha lámpada distante, cando ollamos o reflexo nun CD ou cando ollamos a Lua a través dunha nube, vemos faixas ou halos coloridos, debido á difración da luz por pequenos obstáculos (a trama, os sulcos do CD ou as gotículas de auga na nube).
Para os Raios X, usanse cristais como rede de difración.
[editar] Explicación teórica
O fenómeno da difración está relacionado coas propiedades de ondas ao transportaren enerxía dun punto ao outro do espazo. E é intimamente relacionado ao fenómeno da interferencia.
Como as ondas caracterízanse por unha variación periódica dunha propiedade calquera, poden interaxir entre si cando dúas ou máis ondas atravesan a mesma rexión do espazo. Pode acontecer tamén que unha onda teña súa velocidade e/ou dirección mudadas, ao interaxir cun obxecto ou medio material interposto no seu camiño.
A difración, como dito enriba, está relacionada coa interacción dunha onda cun obstáculo, ou entón cando atopa un orificio a través do cal poida atravesar un obstáculo.
A onda entón, ao contornar ou atravesar un obstáculo, toma diferentes camiños, diferentes traxectorias, cuxos lonxitudes totais poden variar. Da variación dos lonxitudes totais atravesados, diversas ondas oriundas da orixinal (segundo o principio de Huyghens) acaban por se recombinar ao pasar por un dado punto do espazo.
Ao pasaren por ese punto do espazo, ondas difratadas dunha mesma orixe ten a mesma fase e por iso poden interaxir unha coa outra naquel punto. A recombinación se procesa porque as ondas, exibindo propiedades periódicas ao longo do espazo e ao longo do tempo combinan os seus máximos e mínimos de amplitude dunha maneira que depende do total de ondas interaxentes e das distancias totais percorridas. O resultado diso varía entre dous extremos: nun caso, nun dado punto, un máximo de amplitude se combina cun mínimo, producindo unha anulación parcial ou total da enerxía da onda. Por outro lado, cando dous ou máis máximos ou mínimos se atopan, a enerxía observada é maior.
Nótese que a amplitude non corresponde directamente á intensidade da onda, xa que a segunda magnitude depende do pistado da primeira. As magnitudes que se soman son as amplitudes, aínda que as enerxías totais dunha e outra onda que se interferen sexa a suma das enerxías individuais.
Iso se dá porque, se se activer á definición estrita de onda como fenómeno periódico e na ausencia de dispersión (que é a variación da velocidade de ondas en función dos seus lonxitudes de onda), unha onda pode representarse por unha función senoidal do tempo e do espazo. (Ver abaixo)
[editar] Véxase tamén
- Principio de Huyghens
- Difracción de Raios X
- Lei de Bragg