Dinis de Portugal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
D. Dinís (9 de Outubro 1261 – 7 de Xaneiro 1325, Santarén, Portugal), rei de Portugal, fillo de D. Afonso III e da infanta Beatriz de Castela, neto de Afonso X de Castela. Foi aclamado en Lisboa en 1279.
Índice |
[editar] Biografía
Alcumado O Labrador ou O Rei-Agricultor (polo impulso que deu no reino a aquela actividade) e aínda, O Rei-Poeta ou O Rei-Trobador (polas Cantigas de Amigo que compuxo e polo desenvolvemento da poesía trobadoresca a que se asistiu no seu reinado), foi o sexto Rei de Portugal. Foi o primeiro rei portugués a asinar os seus documentos co nome completo. Presúmese que teña sido o primeiro rei portugués non analfabeto [1].
Como herdeiro da coroa, D. Dinís dende cedo foi envolvido nos aspectos de gobernación polo seu pai. Á data da súa subida ao trono, Portugal atopábase en conflito coa Igrexa Católica. D. Dinís procurou normalizar a situación asinando un tratado co Papa Nicolao III, onde xuraba protexer os intereses de Roma en Portugal. Salvou a Orde dos Templarios en Portugal a través da creación da Orde de Cristo, que lle herdou os bens en Portugal despois da súa extinción.
D. Dinís foi esencialmente un rei administrador e non guerreiro: envolvéndose en guerra con Castela en 1295, desistiu dela en troca das vilas de Serpa e Moura. Polo Tratado de Alcanises (1297) firmou a Paz con Castela, definíndose nese tratado as fronteiras actuais entre os dous países ibéricos.
A súa prioridade gobernativa foi esencialmente a organización do reino: continuando a vertente lexisladora do seu pai D. Afonso III, a profusa acción lexislativa está contida, hoxe, no Libro da Leis e Posturas e nas Ordenacións Afonsinas . Non son "códigos" lexislativos tal como os entendemos hoxe, mais si compilacións de leis e do dereito consuetudinario municipal, alteradas e reformuladas pola Coroa. En efecto, a incidencia de cuestións de carácter procesual con igual peso ao carácter de dereito positivo das súas leis, denuncia a crecente preocupación do rei en enpistar o dereito consuetudinario (ou costumeiro) no ámbito da Coroa, e en efectivar o seu poder no terreo. As determinacións sobre a actuación de alguacís (oficiais dos concellos), xuíces, procuradores e advocati demostran isto, xa que un poder meramente nominal sobre tódolos habitantes do Reino, como era típico na Idade Media, non se compatibiliza con este esforzo en esmiuzar os trámites xurídicos, ou en moralizar o exercicio da xustiza. A creación de correxedores denuncia claramente o inicio do proceso de territorialización da xurisdición da Coroa, extravasando os dominio rexios, á par da crecente importancia da capitalidade de Lisboa.
O reinado de D. Dinís acentuou a predilección por Lisboa como lugar de permanencia da corte rexia. Non existe unha capital, mais a localización de Lisboa, o seu desenvolvemento urbano, económico e mercantil van facendo da cidade o lugar máis viable para se afirmar como centro administrativo por excelencia. A articulación entre o Norte e o Sur do país - este Sur que se torna branco da maior atención e permanencia dos reis - fan de Lisboa centro xiratorio para tornar Portugal viable. Entre o Norte, onde a malla señorial é máis densa e apertada, e o sur, onde o espazo vasto conquistado aos mouros implanta sobre todo os dominios rexios e as ordes militares, así como vastos espazos de "res nullius", torna Portugal un reino onde dúas realidades diferentes se complementan. Preocupado coas infra-estruturas do País , D. Dinís ordenou a exploración de minas de cobre, prata, estaño e ferro e fomentou as trocas con outros reinos, asinou o primeiro tratado comercial co rei de Inglaterra en 1308 e creou o almirantado, atribuído como privilexio ao xenovés Manuel Pesagno, e fundando as bases para unha verdadeira mariña ao servizo da Coroa.
D. Dinís redistribuíu terras, promoveu a agricultura e fundou varias comunidades rurais, así como mercados e feiras. Un dos seus maiores legados foi a orde de plantar o Piñal de Leiría, que aínda se mantén, como forma de protexer as terras agrícolas do avance das areas costeiras.
A cultura foi un dos seus intereses persoais. D. Dinís apreciaba a literatura e escribiu varios libros do seu propio puño e letra, con temas como administración ou caza, e varios volumes de poesía. Durante o seu reinado, Lisboa foi un dos centros Europeos de cultura. A Universidade de Coímbra fundouse polo seu decreto Magna Charta Priveligiorum.
Os últimos anos do seu reinado foron marcados por conflitos interiores. O herdeiro, futuro D. Afonso IV, receoso de que o favorecemento de D. Dinís ao seu fillo bastardo Afonso Sanches o espoliase do trono, esixiu o Poder e combateu o pai. Nesta loita tivo intervención apaciguadora a Raíña Santa Isabel que, en Alvalade se interpuxo entre as hostes inimigas xa postas en orde de batalla.
D. Dinís está sepultado no Convento de san Dinís, en Odivelas.
[editar] Descendencia
- Da súa muller, infanta Isabel de Aragón (1270-1336):
- Fillos naturais:
- Tidos con Gracia Froes:
- Tidos con Aldonza Rodrigues Talla:
- Tidos con Mariña Gomes:
- Tidos con outras señoras:
[editar] Obra literaria de Don Dinís
Don Dinís é o autor con máis cantigas conservadas dos cancioneiros copiados en Italia, posuíndo 138 poemas: 73 cantigas de amor, 51 cantigas de amigo, 11 cantigas de escarnho e tres pastorelas. Os seus fillos bastardos Afonso Sanchez e Pedro de Portugal foron dous dos últimos trobadores.
[editar] Ver tamén
- Árbore xenealóxica dos reis de Portugal
- Cantiga de amigo
- Lista dos reis de Portugal