Luns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O luns é o primeiro día da semana. O termo "luns" vén do latín Lunae dies, ou "día da Lúa".
Índice |
[editar] Nomes noutras linguas:
Lingua | Nome | Significado |
Alemán | Montag | Día da Lúa |
Búlgaro | Понеделник/Ponedelnik | O Día Despois do Domingo |
Catalán | Dilluns | Día da Lúa |
Checo | Pondìlí | O Seguinte ó Día de Descanso |
Chinés Tradicional | 星期一/Xīng Qī Yī | Un da Semana |
Español |
Lunes | Día da Lúa |
Eusquera | Astelehen | Primeiro da Semana |
Francés |
Lundi | Día da Lúa |
Holandés |
Maandag | Día da Lúa |
Inglés |
Monday | Día da Lúa |
Irlandés | De Lúain | Día da Lúa |
Islandés |
Mánudagur | Día da Lúa |
Italiano |
Lunedì | Día da Lúa |
Noruegués |
Mandag | Día da Lúa |
Quechua |
Killa P'unchay | Día da Lúa |
Polaco |
poniedziałek | O Día Despois do Domingo |
Portugués |
Segunda-feira | Segundo Día |
Rumano | Luni | Día da Lúa |
Ruso |
Понедельник/Ponidelnik | O Día Despois do Domingo |
Xaponés |
月曜日/Getsuyoubi | Día da Lúa |
[editar] O luns na cultura popular
O día indicado para cortarse as uñas é o luns, porque así non se sofre de dores de cabeza ou dores de moas .
[editar] Refraneiro
Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.
O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area.
[editar] Cantigueiro
Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
Cásate Xan en domingo, / estarás o luns de voda / e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén, / de mañán en oito días / éche a semana que vén.
Hoxe é sábado alegre, / mañán domingo trunfante, / pasado é lunes triste / para el pobre ‘trabajante’.
O mariñeiro o domingo / bo zapato e boa media, / o luns pola mañanciña / vai descalzo pola area.
[editar] Días da semana:
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo