Emirato de Abu Dabi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abu Dabi é o maior dos sete emiratos integrados nos Emiratos Árabes Unidos, Zayed bin Sultan Al Nahayan é o emir actual e Presidente dos Emiratos. O emirato ocupa 67.350 km², o que representa o 87% do total dos Emiratos e no ano 2.000 tiña 928.300 habitantes, dos que o 80% son estranxeiros. A capital é Abu Dabi.
Os primeiros habitantes coñecidos da zona asentáronse arredor do 3.000 a.C. na illa de Umm an-Nar. Os Bani Yas instaláronse en Abu Dabi no 1793. En 1833 separouse de Dubai.
En 1958 atopouse o primeiro pozo petroleiro, e dende entón o petróleo é a base da economía do emirato, hoxe o emirato posúe o 5% das reservas de gas natural e o 10% do petróleo.
En 1971 integrouse nos Emiratos Árabes Unidos.
Dividido administrativamente en tres rexións: a cidade de Abu Dabi, a rexión oriental con capital en Al Ain e a rexión occidental con capital en Bida Zayed.