Enrique López Veiga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enrique López Veiga (A Coruña, 1947) é un político galego.
Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, membro do Partido Popular de Galicia, foi conselleiro de Pesca (1990-1993), traballou na dirección xeral de Política de Competencia da Unión Europea, foi xefe de gabinete de José María Gil Robles na súa época de presidente do Parlamento Europeo e foi director xeral de finanzas do Parlamento Europeo (1998-2001), conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos(2001-2005). Actualmente é portavoz de asuntos europeos do PPdeG e anunciou a súa candidatura á súa secretaría xeral defendendo unha maior democratización do partido e unha aproximación ao centroesquerda aínda que finalmente non se presentou. Pola súa traxectoria tanto técnica como administrativs, e un dos nomes de referencia da políticos da actualidade, e goza do recoñencemento e gran prestixio nos ámbitos españois e europeo.