Eriobotrya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eriobotrya é un xénero de dez especies de arbustos perennes da familia das rosaceae nativas do leste e suleste de Asia. A especie máis coñecida é a Nespereira do Xapón (Eriobotrya japonica), que se cultiva polo seu froito.
As larvas dalgunhas especies de lepidópteros utilizan estas plantas como comida, entre elas Hypercompe hambletoni.