Ernst Moritz Arndt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ernst Moritz Arndt ( Schoritz 1769 - Bonn 1860 ). Escritor alemán.
Naceu na illa de Rügen, que entón pertencía a Suecia, viaxou por Austria, Hungría, Italia, Francia e Bélxica antes de se instalar en Greifswald, onde se estableceu como profesor, en 1806 vese obrigado a se exiliar a Estocolmo polas súas obras, Berlín e Bonn.
Coas súas composicións bélicas e nacionalistas contribuiu a sublevar a Alemaña contra Napoleón.
[editar] Obras
- Geist der Zeit, 1806 (Espírito do tempo)
- Erimerungen aus dem ansseren Leben, 1839 (Lembranzas da vida externa, autobiografía)