Estaca de Bares
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estaca de Bares é un un espazo protexido catalogado como sitio natural de interese nacional localizado na parroquia de Bares no concello de Mañón, constitúe o punto máis ó norte da Península Ibérica. Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa, o que creou un ecosistema único.
O cabo é un enclave de enorme valor ornitológico e unha atalaya privilexiada para observar as migracions de aves mariñas, das que, entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos mais de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.
Está declarado Lugar de Importancia Comunitaria, destaca o Faro da Estaca de Bares construído en 1850 e hai dúas bases militares abandonadas, unha delas usada por tropas norteamericanas.
Os arredores son dignos de mención, a ría e a vila de O Barqueiro son son unha fermosa estampa. Apiñada nunha valgada que se orienta ao nordés, está formada por un conxunto de casas branqueadas que ascenden pola ladeira da beira do mar, fundindose as suas augas do río Sor. A acción conxunta propiciou o arrastre das areas que se foron depositando chegando a formar, a praia Arealonga.
Camiño do porto de Bares, pódese acercar ata o semáforo dende onde se obtén unha magnifica vista mariña coa Illa Coelleira e o seu faro ó fondo.