Aínda que eu prefiro mais ben falar sobre os outros, que de min, bou facer un esforzo: Son Mugardés de nacemento, un galego mais ou menos, considérome un cidadán francés de adopción, por vivir en Lyon (Francia) fai un lote de anos, mais sen renegar das miñas nacionalidades galega e hispana.
Atopei a Galipedia (non fai moito tempo), pois navegando na Wikipedia, por casualidade como tantos outros, e foi para min un coup de foudre, dende entón quedei namorado deste proxecto, pareceume moi útil para valorizar a nosa melosa lingua da Galiza, eu axudarei en todo o que poida, dentro das miñas posibilidades. Quero ser un mais neste proxecto co obxectivo de facer medrar os artigos en calidade si preciso e en cantidade para ir mais lonxe aínda ate poder superar neste ano os 24 000 polo menos.
[editar] A miña galería de imaxes e fotos propias
[editar] Algúns artigos nos que contribuín