Estrela dobre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase estrela dobre a dúas estrelas próximas que están ligadas pola súa mutua atracción gravitatoria e xiran en torno ó centro de masas de ambas. Son maioría na nosa galaxia (en torno ó 60%), e existen tamén sistemas múltiples con tres ou máis estrelas.
Pódense clasificar segundo o medio de detectalas en: visuais, si poden verse separadas por medios ópticos, eclipsantes, se se observa unha variación no seu brillo debido a que se eclipsan cada certo tempo, e espectroscópicas, nas que hai que recurrir ó estudo do espectro electromagnético da luz que emiten.