Galaxia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha galaxia é un gran aglomerado de millóns de estrelas e outros obxectos astronómicos (nebulosas de varios tipos, aglomerados estelares, etc.), unidos por forzas gravitacionais e xirando en torno dun centro de masa común.
Índice |
[editar] A visión dos pobos antigos
Na mitoloxía grega, a Via Láctea, galaxia onde o sistema solar orbita, orixinouse despois de Hércules apertar con forza o seo da súa nai, Xuno, mentres era amamantado. Xa os seguidores de Pitágoras imaxinabanna constituída por fogos. Outras escolas antigas, consideraban a Via Láctea o antigo camiño do Sol, tal como os ríos deixan súas marcas ao mudar seu rumo, a súa marcha permanecía comprobada por un sen-fín de ardentes rastros.
[editar] Século XVIII
Ata o inicio do século XVIII coñecía somente a Via Láctea. Por este motivo, moitos astrónomos aínda lle chaman na actualidade Galaxia, con maiúscula. A partir daquela época ata a actualidade, iniciouse a descuberta dunha cantidade inmensa deses sistemas. En función da cantidade, descuberta foron adotados catálogos utilizando códigos alfanuméricos, isto é, formados por letras e números.
[editar] A visión actual
Actualmente, denominase galaxia a un sistema astral composto de numerosos e variados corpos celestes, sobre todo estrelas e planetas, con materia gaseosa dispersa, animado por un movimento harmonioso. No Universo coñecido, as Galaxias son os conxuntos máis complexos do Cosmos, nas que o comportamento e interacción gravitacional abranxe a grupos considerados locais (Non confundir coa designación Grupo Local) e grupos distantes.
Por exemplo, a galaxia onde se atopa o Sistema Solar, fai parte dun deses agrupamentos, batizado como Grupo Local, que inclúe a Via Láctea aglomerada con preto de 18 outras galaxias, entre as cais se atopa a Andrómeda e varias galaxias-satélites de ambas e outras menores.
[editar] A Morfoloxía das galaxias
As galaxias dividense en varios tipos morfolóxicos diferentes segundo a estrutura que presentan. A técnica de clasificación morfolóxica utilizada na súa tipoloxía é primitiva, en virtude do seu carácter meramente descritivo.
[editar] Galaxias espirais
As Galaxias espirais- son galaxias que presentan grandes brazos de estrelas e nubes de poeira. Estes parecen enrolados en forma de láminas de hélice en espiral (helicoides) partindo dun centro denso chamado tamén “núcleo central”. Cando a súa conformación helicoidal é normal, son distinguidas polos astrónomos coa letra S de Spiral.
- Galaxias en barra - Son as galaxias que teñen brazos helicoidais e núcleo central menos desenvolvidos que os das galaxias espirais normais. O seu núcleo posúe a forma dunha barra, ou presentan unha zona central cilíndrica con brazos espiralados a sair das extremidades dese cilindro. Seguen o mesmo principio de identificación das Galaxias Espirais, alguns astrónomos as consideron unha sub-categoría das primeiras. As Galaxias en Barra, son designadas coas letras SB de Spiral Bar. Á estas denominacións aínda seguense as letras a, b ou c, que indican a abertura dos helicoides e/ou seu paso de hélice.
Considerase que a Via Láctea asemellase bastante á galaxia de Andrómeda, de forma espiral e de tipo é SB (Espiral en barra), e que ambas teñen na súa estructura dúas partes principais, ou sexa, o seus discos ou núcleos, teñen a forma dunha lente, con densidade estelar bastante alta, e o halo, ou rexión máis externa a densidade é difusa.
[editar] Galaxias elipticas
Na tipoloxía das Galaxias Elípticas, aínda están inseridas as Galaxias Circulares. Ambas son designadas polos astrónomos coa letra E, e un número comprendido entre 0 e 7. A función deste número é expresar excentricidade da elipse, ou, a diferenza relativa entre o seu raio maior e o raio menor, (no caso das galaxias circulares usase normalmente a identificación E1).
[editar] Galaxias irregulares
As galaxias Irregulares son designadas como Irr polos astrónomos, non posuen forma definida, algunhas son formadas por deseños e coloracións extrañas, surrealistas. As causas da irregularidade no formato destes sistemas son descoñecidas, así como as causas dos outros tipos morfolóxicos. Alguns astrónomos atribuen a irregularidade de formato ás forzas gravitacionais que aínda non formaron un patrón xiroscópico, isto levaría á suposición de que estas galaxias serían relativamente novas.
[editar] A Via Láctea
A Via Láctea é unha grande galaxia espiral, e o Sol atopase hoxe en día nun dos seus brazos espirais. Tamén a Galaxia de Andrómeda é unha galaxia espiral. As dúas maiores galaxias-satélite da Via Láctea, polo seu lado (a Grande Nube de Magalláns e a Pequena Nube de Magalláns), son ambas galaxias irregulares.
[editar] O estudo das Galaxias
A formación das galaxias é un dos obxectos de estudos da cosmoloxía. A teoría máis común sobre a formación é de que, despois do big bang, formaronse os gases, durante o proceso de esfriamento, se xuntado a nubes baixo a influencia da gravitación, e de que desas nubes se orixinaron as galaxias.