Eucalipto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eucalipto | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||||
|
Eucalipto é a designación dada a varias especies vexetais do xénero Eucalyptus. Son árbores (nalguns casos raros, arbustos) autóctonos de Australia. O xénero inclúe máis de 600 especies. A maioría destas fan parte da flora característica do continente australiano, existindo apenas un pequeno número de especies proprias dos territorios viciños da Nova Guinea e Indonesia. De feito, ningún continente está tan marcadamente caracterizado por un só xénero de árbore como acontece na Oceanía, cos eucaliptos.
[editar] Implantacion noutros continentes
Algunhas das súas especies exportáronse a outros continentes onde gañaron unha importancia económica relevante, debido ao feito de seren moi utilizadas para producir pasta de celulosa, usada no fabrico de papel.
[editar] Problema Ecolóxico
A plantación excesiva de eucaliptos é, sen embargo, en moitos lugares, un problema ecolóxico, ao diminuir a biodiversidade da flora e ao facilitar a propagación de incendios florestais.
[editar] Curiosidades
A illa de San Martiño, nas Negradas, O Vicedo, é a illa coa concentración mais alta de Europa de árbores, en concreto .. de eucaliptos.
O Avó de Chavín, de 70 metros de altura, é a árbore máis alta da Península; encontrase nun eucaliptal de máis de cen anos: O Souto da Retorta, en Viveiro.