Reino (bioloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuído-los seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.
Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza en base ás diferencias entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan aparte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estricto, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» (James Trefil, 1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia). Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.
A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:
Haeckel (1894) Tres reinos |
Whittaker (1959)¹ Cinco reinos |
Woese (1977) Seis reinos |
Woese (1990) Tres dominios |
---|---|---|---|
Protista | Monera | Eubacteria | Bacteria |
Archaebacteria | Archaea | ||
Protista | Protista | Eukarya | |
Plantae | Fungi | Fungi | |
Plantae | Plantae | ||
Animalia | Animalia | Animalia |
Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos, etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):
Dominio |
Reino |
[Subreino] |
[Superfilo] |
Filo |
As diferencias básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estructura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semelllantes entre sí ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.
A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos según os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse aparte.
Dominios | Reinos |
---|---|
Bacteria | Proteobacterias beta |
Proteobacterias gamma | |
Proteobacterias delta | |
Proteobacterias epsilon | |
Planctomices y Chlamydiae | |
Spirochaetes | |
Bacteroides e Flavobacterias | |
Bacterias verdes do xofre | |
Bacterias Gram-positivas con G-C alto | |
Bacterias Gram-positivas con G-C baixo | |
Cianobacterias e cloroplastos | |
Bacterias verdes non do xofre | |
Thermotogales | |
Hydrogenobacter/Aquifex | |
Archaea | Euryarchaeota |
Crenarchaeota | |
Koryarchaeota | |
Eukarya | Diplomónadas |
Microsporidia | |
Parabasálidos | |
Mixomycota | |
Euglenozoos | |
Naegleria | |
Entamoeba | |
Acrasiomycota | |
Rhodophyta | |
Ciliados | |
Dinoflagelata | |
Apicomplexa | |
Laberintúlidos | |
Oomicota | |
Xantophyta | |
Chrysophyta | |
Phaeophyta | |
Diatomeas | |
Plantae | |
Fungi | |
Animalia |