Eutiquio, Exarca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eutiquio (morreu en 752) foi o derradeiro exarca de Ravenna (c.727-752).
Todo o exarcado levantárase nunha revolta en resposta á imposición da iconoclasia en 727; os longobardos, o papado e as cidades italianas uníronse para eliminar a autoridade bizantina. O emperador León III o Isáurico mandou a Eutiquio para controlar a situación. Eutiquio chegou a Nápoles, onde ordenou un intento de asasinato contra a vida do Papa Gregorio II. Como o intento fracasou, Eutiquio volveu a súa atención aos longobardos. Os seus intentos de suborno deron resultados ao final; prometeu axuda ao rei longobardo Liutprando para someter os ducados de Benevento e Spoleto á súa autoridade, a cambio da axuda do rei para cambiar o Papa. Gregorio, con todo, reuniuse con Liutprand, e convenceuno para abandonar o plan; aínda lle deron tropas a Eutiquio para axudar a dominar as rebelións no exarcado.
O conflito cos longobardos rematou en desastre en 737, cando a cidade de Ravenna foi cercada por Liutprando. Novas guerras xurdiron en 739. O Papa Gregorio III apoiara aos duques de Benevento e Spoleto contra Liutprando, facendo que invadise a Italia central. O exarcado, así como o Ducado de Roma, foi saqueado. En 740 Eutiquio e Gregorio apelaron a Venecia para liberar Ravenna, cousa na que tiveron éxito. Sen embargo, era evidente que a autoridade bizantina en Italia estaba desfacéndose de xeito tan inevitábel que fixo que o Papa chamase ao franco Carlos Martel ese mesmo ano.
Pouco despois da ascensión do Papa Zacarías en 741, Liutprand planeou outra vez capturar Ravenna. Zacarías, sen embargo, marchou cara o norte; reuniuse con Eutiquio preto de Rimini, e entrou en Ravenna para ledicia da cidadanía local. Seguindo ata a capital longobarda de Pavía, Zacarías convenceu a Liutprando para abortar a expedición, e para devolver algún dos territorios que capturara. Algúns anos máis tarde, sen embargo, o novo rei longobardo Aistolfo capturou Ravenna en 751, e por ese tempo Eutiquio morreu loitando contra os longobardos. A súa morte marcou o fin do Exarcado de Ravenna; o papado, con todo, reclamou o anterior territorio imperial, e favoreceron a axuda dos francos para recuperalo.
Exarcado de Ravenna | ||
---|---|---|
Segue a: Paulo, Exarca |
Eutiquio, Exarca (728-752) |
Precede a: longobardos |
[[]] |