Eva Amaral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eva María Amaral Lallana (Zaragoza, España, 4 de agosto de 1973) é unha cantante de música pop, integrante do grupo Amaral.
Dende nova, sempre estivo interesada pola música. Comeza os seus estudos de escultura na Escola de Artes de Zaragoza. Ao mesmo tempo, formaba parte dunha agrupación chamada "Bandera blanca", na que Eva tocaba a batería. Un día, no ano 1993, Eva coincidiu no estudo de gravación, ao cal foi gravar unha maqueta co seu grupo, co guitarrista Juan Aguirre, quen pertencía ao grupo "Días de vino y Rosas". Juan quedou tan impresionado coa asombrosa voz de Eva, que inmediatamente conxeniaron en canto a ideas musicais.
Tempo despois, Eva e Juan decidiron facer a súa propia música. Crear un grupo cun novo estilo de música, que mesturara pop con rock e flamenco. Así foi como xurdiu o dúo Amaral. O nome do grupo foi idea de Juan, quen tomou o apelido de Eva, a pesar de que ela nun principio non o aceptaba. Comezaron tocando en bares e garitos da súa natal Zaragoza e unha vez conquistada a súa terra, xuntaron un grupo de músicos e decidiron probar sorte trasladándose a Madrid en 1997.
Ese mesmo ano, Eva e Juan asinan con Virgin Records para gravar o seu primeiro material discográfico. Así, desde 1998 e até a actualidade, Eva Amaral, xunto a Juan Aguirre, dedicáronse a realizar música. Gravaron 4 discos con gran éxito e un total de un millón e medio de copias vendidas en todo o mundo. Convertéronse nun dos grupos españoles de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras.
En 2002 Lenny Kravitz escolleunos como teloneros para varios dos seus concertos. O mesmo ano colaboraron coa causa do Prestige, incluíndo o seu tema Rosa de la Paz nun disco para recaudar fondos e interpretándoa nunha multitudinaria manifestación de Nunca Máis en Madrid.
[editar] Discografía
Amaral (1998) 1. Rosita
2. Un día más
3. Voy a acabar contigo
4. Cara a cara
5. Tardes
6. No existen los milagros
7. Lo quiero oir de tu boca
8. Habla
9. 1997
10. Dile a la rabia
11. Soy lo que soy
12. No sé qué hacer con mi vida
13. Mercado negro
Una pequeña parte del mundo (2000): 1. Subamos al cielo
2. Cabecita loca
3. Como hablar
4. Los aviones no pueden volar
5. Queda el silencio
6. Una pequeña parte del mundo
7. Botas de terciopelo
8. Volverá la suerte
9. El día de año nuevo
10. El mundo al revés
11. Siento que te extraño
12. Nada de nada
13. El final
Estrella de mar (2002)
1. Sin ti no soy nada
2. Moriría por vos
3. Toda la noche en la calle
4. Te necesito
5. ¿Qué será?
6. Salir corriendo
7. Estrella de mar
8. Rosa de la paz
9. No sabe donde va
10. De la noche a la mañana
11. El centro de mis ojos
12. En un solo segundo
Pájaros en la cabeza (2005)
1. El universo sobre mí
2. Días de verano
3. Revolución
4. Mi alma perdida
5. Marta, sebas, guille y los demás
6. Esta madrugada
7. Big bang
8. Enamorada
9. Tarde para cambiar
10. En el río
11. Resurrección
12. Confiar en alguien
13. Salta
14. No soy como tú