Ezker Batua - Berdeak
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ezker Batua-Berdeak | |
Partido político | Ezker Batua-Berdeak |
Ano fundación | 1986 |
Ideoloxía | Esquerda, Republicana, Federalista |
Ideoloxía respecto a Europa | Europeísta |
Membro de | Partido da Esquerda Europea |
Ámbito | País Vasco |
Sede central | Bilbao |
Líder | Javier Madrazo |
Representación en números | 77 concelleiros e 3 deputados autonómicos. |
Web do partido | www.ezkerbatua.org |
Ezker Batua-Berdeak é unha organización política do País Vasco, formada polo PCE-EPK e independentes de esquerdas. Até o ano 2004 estivo federada a Izquierda Unida pero posteriormente cambiou o seu estatus, equiparándolo ó referente catalán de IU, EUiA, establecendo a soberanía en Ezker Batua-Berdeak, que libremente decide asociarse con Izquierda Unida.
O seu coordinador xeral é Javier Madrazo, actual conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno vasco.
A súa denominación nun primeiro momento era Ezker Batua (EB). Coa entrada de Berdeak (Verdes) na organización, pasou a empregar a denominación Ezker Batua-Berdeak, a cal seguiu usando trala saída do grupo verde, sendo este o seu nome oficial na actualidade, e as siglas empregadas "EB-B".
Desde o 2001, esta organización forma parte do Goberno vasco en coalición co PNV e Eusko Alkartasuna. A súa decisión de pactar con estes dous partidos nacionalistas, xustificada pola organización para reconstruír a convivencia no País Vasco trala agre campaña das eleccións ó Parlamento Vasco de 2001, foi moi criticada desde outros puntos do Estado, e internamente desde sectores próximos ó PCE.
En contraste, as enquisas reflicten un amplo apoio a esta alianza dentro da sociedade vasca, e EB-B ten acusado a certos sectores de IU de xustificar o seu retroceso electoral - incluido o municipal- atacando á federación vasca.
Conservou un deputado por territorio histórico (3 en total), non rexistrando unha perda porcentual significativa de votos nas Eleccións ó Parlamento Vasco de 2005.
[editar] Aproximación ideolóxica
EB-B tense posicionado en contra da violencia de ETA, a favor do dereito de autodeterminación, así como do fin da dispersión de presos e propón un encuadre federal de Euskadi no Estado español denominado "federalismo de libre adhesión" e defende un modelo republicano e socialista de sociedade.
Defendeu un "si crítico" ó Estatuto de Autonomía ou "Plan Ibarretxe" e entre as súas iniciativas de Goberno atópanse a Lei de Parellas de Feito e a Lei do Chan, hoxe en día, xa en vigor.
[editar] Evolución electoral de EB-B na actualidade
Non obstante, observando os resultados nas eleccións ó Parlamento Vasco é perceptible unha tendenza á baixa desde 1998, primeiro acusada perdendo a metade de votantes (de 9,15% en 1994 a 5,68% en 1998), e despois de maneira sutil pero continuada, sendo a progresión a seguinte:
- 5,68% en 1998 / 2 escanos
- 5,58% en 2001/ 3 escanos
- 5,37% en 2005/ 3 escanos
Estes datos non tiveron gran relevancia até recentes datas, porque en distribución de escanos a progresión é ascendente (de 2 a 3), pola entrada no Goberno Vasco e a súa repercusión mediática e moi especialmente porque a ilegalización de Batasuna deixou un vacío electoral do que EB-B saiu amplamente beneficiado, sobre todo nas eleccións municipais, pasando dun 4,38% e 26 concellais en 1999 ó 8,04% e 77 representantes en 2001, onde tamén se rexistraron un 10,04% de votos anulados, na súa inmensa maioría da ilegalizada AuB (en 1999 só o 0,8% foron nulos).
Esta situación de aparente éxito electoral veuse freada tanto pola presencia de EHAK como pola recuperación do espacio electoral da esquerda nacionalista en xeral, con especial importancia na aparición de Aralar.
A gráfica descendente que reflexan os resultados pon de manifiesto un progresivo deterioro do espazo electoral de EB-B, e quizais da proposta federalista que EB-B representa.
Porén, é comúnmente aceptado que a presencia de EB-B no Goberno Vasco non é a causante deste deterioro, que responde a unha tendencia xeral- extensible a toda Izquierda Unida e previa, e de feito as encuestas revelan unha popularidade xeral de EB-B e de Javier Madrazo en particular froito da súa acción de goberno.
En Marzo de 2007 anunciaron que concorrerían en coalición co partido nacionalista de esquerda Aralar ás eleccións municipais dese ano.
[editar] Ligazóns externas
Partido do Socialismo Democrático | Partido Comunista de Austria | Izquierda Unida | Partido Comunista de España | Esquerra Unida i Alternativa | Partido Laborista Socialdemócrata Estonio | Partido Comunista Francés | Coalición de Esquerda, de Movementos e Ecoloxía | Partido Laborista (Hungría) | Ezker Batua Berdeak | Partido da Refundación Comunista | Partido do Socialismo Democrático (República Checa) | Partido da Alianza Socialista | Refundación Comunista (San Marino) |