Fía na Roca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fía na Roca é un grupo musical galego que naceu en 1990, da man de Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bueno, que nese ano decidiran xuntarse para crear música con influencias folk, rock, jazz e de novas músicas...
O seu primeiro álbum Fía na roca, editado en 1993, foi recebido con excelentes críticas, tratandose de unha certa lufada de ar fresco na música de raíz tradicional galega.
En 1997 aparece o seu segundo disco, Agardando que pase algo, que marcou a exportación da música do grupo para outras lugares e a súa aparición en colectáneas dedicadas á música celta.
En 2001 sacaron Contravento, que incorpora a nova cantora galega Sonia Lebedynski, sétimo compoñente da formación. Unha produción da televisión xaponesa Aichi TV empregou este disco como banda sonora da serie baseada na obra do escritor brasileiro Paulo Coelho O diário de um mago, no que se relata unha peregrinaxe do autor a Santiago de Compostela.
No ano 2004 editouse Dez anos ao vivo, un recopilatorio ao vivo, o seu último álbum até o momento.